Hola a tod@s: para que haxa algo de que falar, para ben ou para mal, vamos darlle unhas pinceladas os encontros da Fin de Semana:
- Infantiles: Sabado as 18:15 nas Redondas ante o Corme, pois tivo a ben cambiarnos o encontro para asi non coincidir cos Veteranos e que eles puidesen manter o Horario Habitual, enton en primeiro lugar temos que agradecer esa deferencia, e logo sobre o encontro pois esperemos que os rapaces tomen con ansia a volta a competicion despois da parada obrigatoria do sabado pasado e que den unha boa imaxe.
- Cadetes: Sabado as 10:30 en Carnota ante o equipo local, conxunto que non esta ben clasificado pero como non espabilemos e salamos ca torrixa do outro dia podense redimir a conta nosa.
- Xuveniles: Sabado as 16:30 nas Redondas ante o Eiris, coma todos pero este tal vez mais, PARTIDO CLAVE, pois o Eiris esta so a 3 puntos, con menos goles encaixados ca nós e pode decirse que esta marcando a fronteira do descenso, enton era IMPERATIVO GAÑAR, para ter unhas navidades tranquilas.
- Senior: Domingo as 16:00 nas Redondas ante o lider o Buño, que dicir pois o destes últimos encontros, ou non, algo mais, dos dous encontros que xogamos cos equipos que estaban clasificados a canda nos, sacamos cero puntos, enton para poder seguir arriba podemos utilizar o mesmo que para os Xuveniles pero con un cambio e IMPERATIVO PUNTUAR.
No hay comentarios:
Publicar un comentario