domingo, 30 de agosto de 2009

CABANA S.D. (Temporada 2009/2010)

¡¡¡ COMENZA A TEMPORADA 2009-2010 !!!
¡¡¡ Moi boas amigos e amigas !!! A nova directiva do CABANA S. D. davos a bembida, un ano mais, e desexamos que disfrutedes con nós de tardes placenteras de fútbol, no campo "AS REDONDAS" sede do noso club.
Este ano voltaremos a ter as mesmas categorías de anos anteriores.
O noso equipo SENIOR, dirixido por Pol, intentará loitar este ano por unha das prazas de ascenso a REXIONAL, cun proxecto basado na canteira que tantas alegrías nos dou en anos anteriores cando militaban en categorías inferiores.
O equipo XUVENIL, ben comandado por José Manuel, faranos disfrutar de boas tardes de fútbol, como xa o fixeron ata agora, nunha categoría nova para nós, pero moi atractiva e competitiva, como é a LIGA GALEGA DE XUVENIS. Nesta liga, enfrentaremonos as categorías inferiores de equipos consolidados de 3ª DIVISION para arriba.
Os CADETES, terán dous bos mestres coma son Carracedo e Roberto, os cales lle ensinarán ós rapaces o máximo posible, para que nun futuro se convirtan nos mellores xogadores posibles, para levar ó CABANA ó maximo nivel.
E por último os INFANTILES. Fernando, como en anos anteriores, terá a dificil tarea de iniciar a estes rapaces no mundo do futbol, ensinandolles como él sabe, a ser competitivos, disciplinados, ter compañerismo e sobre todo sabelo pasar ben nun campo de futbol.
De todas formas, non nos podemos esquencer dos nosos pequenos, os ALEVINS, os BENXAMINS, e os PREBENXAMINS, os cales terán a súa oportunidade ó longo da tempada, nas diferentes competicións escolares e torneos invernais e veraniegos.
¡¡¡ Nada mais!!! Espero que veñades a animar ós nosos fillos, sobriños, netos, veciños... xa que a eles lles gusta vervos nas gradas de "AS REDONDAS".
Saudos:
CABANA S.D.

No hay comentarios: