viernes, 26 de febrero de 2010

SUSPENSION XORNADA SABADO E INFANTIL

Debido o Temporal ( non directivo) senon Meteoroloxico, suspendeuse a Categoria Infantil, Cadete e Xuvenil.

miércoles, 24 de febrero de 2010

XUVENILES: valores perdidos??????????

Cando comenzamos esta aventura nesta complicada e bonita Liga Gallega Xuvenil os resultados non nos acompañaban pero viamos entrega, loita, concentracion en todolos balons, non se daba ningun por perdido e si saian fora ibamos axiña por eles para seguir presionando, por outra banda nos entrenamentos habia unha asistencia do 90 % dos integrantes do plantel fose cal fose o dia, e ademais neste Blog Felicitouse e Animouse a continuar por ese camiño pois era o correcto e os resultados tiñan que chegar e chegaron.
Pero, agora na fase importante que estamos da tempada, preguntome o seguinte, ¿siguen eses valores presentes no equipo xuvenil? pois teño as miñas dudas, asi como, ante os equipos de arriba o damos todo os que estan por debaixo poñennos moitos problemas e mais ganas, agora son os outros equipos os que teñen ilusion de gañar vaia como vaia o resultado e somos nos os que nos conformamos.
A asistencia os adestramentos baixou hasta un 45 % coa excepcion dos Vernes, vale, temos examenes, pero que casualidad que seremos un dos poucos Clubs que temos as Instalacions e os Entrenadores a disposicion dos Xogadores de Luns a Vernes, para que poidan ainda que non sexa co seu equipo pois polo menos manter o fisico.
Pero todo esto cambia e volve o seu cun par de bos resultados, ademais de cun cambio ou un retorno o pasado (non tan lonxano) e volver a recuperar os VALORES DO COMENZO DA TEMPADA.

Outro comentario

este blog e unha verguenza para o equipo de Cabana. Era millor que non fixerades nada. Os trapos sucios lavanse na casa e asi non se lle enseña nada bo os chavales.

martes, 23 de febrero de 2010

XORNADA FIN DE SEMANA

Infantiles: Domingo as 10:30 en Esteiro ante o equipo Local.
Cadetes: Sabado as 10:30 nas Redondas frente o Corcubion.
Xuveniles: Sabado en Boiro ante o equipo Local.
Senior: Domingo as 16:15 en Muxia ante o equipo Local.

MAIS COMENTARIOS A RESALTAR

os que estubemos creo que fixemos un bo traballo, cos nosos errores etc, o k penso k e normal, pero estou contento pese a todo, as baixeas foron mio notables e nesta liga ainda que pareza que non calkera xe pode complicar a vida, esperemos que se recuperen todos rapido e seguir asi peleando asta o final, para o ano que ven ter un equipiño formado e intentar aspirar a mais a ser posible, eu penso que non deberian ter queixa de nos que ultimamente estamos cumprindo e dando todo no campo, asi da gusto

COMENTARIOS A RESALTAR

CABANA SD- 2 - MUROS B - 0 Os seniors suman outros 3 puntos, algun pode decir que so faltaba que non se conseguiran,pero onte vin algo que me fai pensar que eso vai ben,por que vin a todos os xogadores metidos no partido ata o minuto 94 que e como ten que ser.Tamen quero comentar as baixas do equipo que vin onte :ISAAC,ANTONIO,PLAYA,RUBEN,MIGUEL E JOSIÑO (estes dos ultimos por lesion)esto sumado a que se lesionou Sergio e Chuchi e que tuvo que xogar Gonzalo de delantero e xogaron con 10 desde o minuto 15 da segunda parte po la expulsion de Dani e pa estar contento deles.Especial mencion pra os juveniles Ismael(este fixo un partidazo)pra min o mellor da defensa,e Jose que lle tocou pelearse e intentar meter gol. Solo me queda Pol,(un dia vaille dar un ataque)onte tuvo varias trifulcas con alguns xogadores, eso a veces non e bo, e a veces non queda mas remedio que facer eso por que asi ten os xogadores que se despistan en tension, e ademais pra eso cobra (ou supoño que cobra ) MOITA SORTE PRA DOMINGO EN MUXIA E ANIMO OS JUVENILES,QUE SEGURO QUE CONSIGUEN OS TRES PUNTOS DO SABADO.

FIN DE SEMANA

Boas, mais vale tarde ca nunca, pero como xa non temos moito mais que decir, pois os pequenos non xogaron, bueno si, amistosos, os xuveniles sairon co encontro gañado do vestiario e nesta Liga si te dormes hasta o Penultimo che fai un traxe pois xa o teñen un Fracks para que vexan que si non espabilan volveran a mostrar a sua calidade na Liga da Costa Xuvenil, ainda hai tempo pero vai sendo hora de poñer o Buzo e traballar. Os Senior, pois a pesar das numerosas baixas gañaron como era a sua obligacion a un Muros B que esta esperando o igual ca nos que termine a tempada.

viernes, 19 de febrero de 2010

Los Trencillas

CABANA S.D.-IMPERATOR O.A.R.
Árbitros:
Árbitro: VAZQUEZ GARCIA, ALEJANDRO
Asistente 1: GONZALEZ REY, MIGUEL ANTONIO
Asistente 2: VILLAR RODRIGUEZ, JAVIER

CABANA S.D.-MUROS S.D. "B"
Árbitros:
Árbitro: LODEIROS LAFUENTE, BRAIS

XORNADA FIN DE SEMANA


Animó Rapaces, temos que facer do noso campo unha Galia, infranqueable.
Xuveniles: Sabado as 16:30 nas Redondas ante o Imperator.
Senior: Sabado as 18:30 nas Redondas ante o Muros B.
A categoria Infantil e Cadete descansan esta xornada, ainda que van xogar uns amistosos a Dumbria e Coristanco, para non perder a forma.

lunes, 15 de febrero de 2010

SENIOR: XERACION NI-NI

Si era visto, que tiña que chegar, pois nin con reunions nos vestiarios, nin con animos ante derrotas cos equipos mais floxos de toda a costa, nin coa ilusion da xente xoven nunha nova liga, nin co intento de volver o Cabana a 2º rexional, so miran para o seu ombrigo, non se pode compremeter con un equipo, con unha xente, con unha directiva se se sabe que non se vai cumprir pois si por ser xente nova podeselles permitir todo vaia experimento no futuro para a vida laboral pois si, temos partido as 12:00, convocatoria unha hora antes e chegamos o campo as 11:30, si temos que xogar un partido e só somos 7, alguns nunhas condicions non moi recomendables, logo chegan 4 mais e 3 estan desaparecidos, que pasa que estamos xogando nunha liga de peñas pois non como dixo Benito Floro e por eso o botaron,
- esto e o Cabana (o madrid del) e hai que suar a camiseta, botarlle hue.... , loitar deixalo todo no campo que somos o Cabana un dos equipos con mais historia da costa e si non estades a altura do Club pois ..... e so unha cousa mais, mal vamos si un COMPROMISO tan pequeno somos incapaces de cumplilo.

Nota: Que se de por aludido o que queira.

Por certo, unha cousiña mais que me dixeron o ver de este fin de semana:
- Quen se deita con nenos, levantase mexado.

RESULTADOS

Infantiles: importante victoria nas Eiroas frente o Bergantiños B por 2-3 con goles de Aurelio (2) e Ismael.
Xuveniles: derrota en Lugo frente o Lider nun encontro onde nos falta o dos últimos encontros, encontrar porteria, derrota por 1-0.
Senior: que comentar pois simplemente que perderon 1-0 co poderoso Alcaian, equipo con mais historia da costa. Ou que, enhoraboa os 11 valientes que cumpriron co seu deber e foron xogar o partido e ¿ onde estaba o resto da plantilla? si e verdá que despois non se pode decir nada porque se ofenden.

sábado, 13 de febrero de 2010

VICTORIA DOS CADETES

Comenzamos con Triunfo a xornada do Fin de Semana xa que os Cadetes siguen mantendo a linea positiva de resultados e venceron o Outes por 2-0, con goles de Pablo e Alex.

jueves, 11 de febrero de 2010

PARTE DE SANCIONS

Aviso de suspensión:
JACOBO RECAREY LEMA
Rivales sancionados:
IVAN CASTRO GARCIA Jugador S.D.ALCAIAN 1 partido

miércoles, 10 de febrero de 2010

HORARIOS FIN DE SEMANA

Infantiles: Domingo as 10:30 no Campo Anexo As Eiroas, frente o Bergantiños B. Saida do Bus de Neaño as 9:00.
Cadetes: Sabado as 10:30 nas Redondas frente o Outes.
Xuveniles: Sabado as 16:00 nas Gandaras I en Lugo frente o equipo Local. Saida do Bus de Neaño as 13:00.
Senior: Domingo as 12:00 en Portorubio frente o Alcaian.

VERBAS DO PRESIDENTE

Coido que o debate de si a xente de afora tira mais ou menos que a da casa, está fora de lugar. Agora mesmo, nos senior, hai un ambiente cojonudo, cos de fora e cos da casa. Era o que se quería. O bo ambiente fai compañerismo, o compañerismo fai un traballo bo e ameno, e o traballo bo e ameno fan bos resultados. Estou seguro que este ano faremos cousas importantes.En canto os xuvenis, penso que a norma que describín antes estana levando a cabo, e estou totalmente convencindo, de que este ano non van pasar apuros. O bo traballo ó final da bos resultados, e están traballando ben.E senón que llo pregunten os cadetes e infantís. Empezaron a entrenar moitisimo antes de empezar a liga. Entrenan forte, ben e duro. E como non, obteñen moi bos resultados.MOITO ANIMO OS SENIOR, temos que continuar pelexando e COMPETINDO. MOITISIMO ANIMO OS XUVENIS, seguide traballando e xa veredes como non haberá problema. Esta liga é moi bonita.E ENHORABOA OS CADETES E INFANTILES. Tanto os entrenadores como os rapaces están facendo un traballo excepcional.

lunes, 8 de febrero de 2010

Xornada Fin de Semana

Infantiles: van ter un encontro moi duro en Carballo ante o Bergantiños B, actual 2º clasificado con 18 ptos en 6 encontros polos 22 ptos en 8 encontros do noso equipo.
Cadetes: se queren conservar a 2º plaza que conseguiron esta semana teñen que volver a botarlle man o Outes, equipo que xa venceron na primeira volta a domicilio por un claro 1-3 agora toca xogar na casa e manter as diferencias.
Xuveniles: encontro moi complicado para romper a racha negativa que levamos pois enfrentamonos o Lider o Lugo B, e mais no seu campo, seria unha xesta sacar un punto pero se queremos seguir mantendo opcions para conservar a categoria vai sendo hora de romper Pronosticos.
Senior: encontro en Portorubio frente o Alcaian o Domingo as 12:00.

domingo, 7 de febrero de 2010

Xornada do Domingo: EMPATES

Infantiles: Empate a 2-2 nas Redondas ante o Dumbria Segundo clasificado, con goles de Santi e Samuel, e co estreo do novo Patrocinador "Esqueiro" para esta categoria.
Senior: Empate a 2-2 nas Redondas ante o Corcubion despois de ir perdendo por 0-2.

sábado, 6 de febrero de 2010

EMPATE NO DESCANSO E DERROTA O FINAL

O termo da primeira parte o encontro entre o Brexo-Lema e o Cabana s.d. e de empate a 2-2. Resultado final do encontro 4-3.

VICTORIA DOS CADETES

No encontro disputado en Dumbria por estar en Obras o terreo de xogo do Cee, gañamos o equipo anfitrion por 0-1 con Gol de Ivan Mato.

viernes, 5 de febrero de 2010

PARTE DE SANCIONS:

LOCALES:

JOSE M SUAREZ MENDEZ Jugador CABANA S.D. 1 PARTIDO (SENIOR)

RIVALES:

PABLO LESTON LAGO Jugador U.D. CORCUBION 1 PARTIDO (SENIOR)

martes, 2 de febrero de 2010

Xornada do Fin de Semana

Infantiles: Domingo as 10:30 nas Redondas frente o Dumbria.

Cadetes: Sabado as 10:30 en Cee, frente o equipo Local, saida do Bus as 8:30 de Neaño. No encontro da 1º volta vencemos por 2-0.

Xuveniles: Sabado as 12:00 en Brexo, ante o equipo Local, saida do Bus as 9:30 de Neaño. Na primeira volta, derrotounos en Cabana por 0-1.

Senior: Domingo as 16:15 nas Redondas frente o Corcubion. Na primeira volta logramos sacar un empate do Novo Cubaleiro de Corcubion a 3-3.

Clasificacion Deporte Escolar: Cabana